WikiSpam
De WikiChuza
-- A luta armada contra o spam deve ser violenta e sem piedade. Peeler, 2011
Máis información na página da conversa.
Índice |
Como apanhamos o spam?
Eu vou mirar por él na página Especial:Cambios_recentes. Sempre están ahí como gremlins con eses només tan faranduleiros e postando en inglés. A linhas de log indican as accións, que normalmente son Novo usuario (alguén que se cadastra), Nova página (pois eso, que alguén criou un artigo novo), ou a edición (modificación) dunha página ja existente. Se clickamos na opción bloquear iremos a unha página onde podemos confirmar que queremos apagar ese usuario (eu escolho apagar para sempre, nen tres meses nen nada). Para apagar as páginas ou artigos hai que clicar no título, e unha vez nelas prememos na tabela que dí borrar.
Algunhas das accións descritas no paragrafo anterior sómentes poden ser carrejadas por admins da wiki, mais agora non lembro cuais.
Desautorizando anónimos
A día 13 de Agosto desautorizouse a edición para usuarios anónimos engadindo esta linha de código --> $wgGroupPermissions['*']['edit'] = false; na parte de abaixo do documento LocalSettings.php. Esta é a URL onde o explican --> [mediaWiki]. A partir de aghora para editar nesta wiki hai que estar registrado.
A día 17 podemos dicir que esto é unha gloria. Non hai spam. Seica os spammers eran todos usuarios anónimos e agora non poden editar. O spam é unha cousa do pasado.
Era do pasado pero o dia 29 de Agosto cadastráronse un par de spammers e se puxeran travalhar anunciando viagra ou non sei que cousa. Hai que se andar con olho.
Apagando páginas
Apaguei as páginas Berto Yañez e O servidor porque nunca tiveron contido pero estaban a rebentar de spam. Calquera pode crialas de novo e ponherlhe contido.
Estou apagando páginas orfas (as que non tenhen nengún link que leve a elas). De feito a única genuina (Galicia) tinha sómentes un par de linhas de contido e as outras eran spam.
ConfirmEdit
Perante o aumento da actividade dos bots, que se cadastran e andan a spamear a reo, o Domingo 5 de Febreiro do 2012 activouse a extensión ConfirmEdit da MediaWiki. Esta extensión permite ponher distintas capchas (respostar con caracteres unha pregunta formulada por medio dunha image, tipo Escreva os caracteres retortos que aparescen na image). Implementouse unha que pregunta o resultado en números dunha operación matemática amosada en image. Penso que funciona, pero observo no log de Cambios recentes dese Domingo mesmo que a última entrada ese día é o cadastro dun usuario cun nome deses que usan os bots (que eu apaguei ao día seguinte). Non sei como deu entrado. Haberá que monitorizar esto, non vaia ser. E se tal implementar as outras opcións de capcha disponibles en ConfirmEdit.
Pois acontece que hoje (terça, 7 de Febreiro) se cadastraron catro botes (ja defenestrados por min, que ahí non hai faio). Seica aprenderon a mirar os numerinhos da capcha matemática. Ja informei do asunto. Haberá que probar outra capcha da extensión.
Dende a cuarta-Mércores 8 de Febreiro á noite temos outra capcha na que hai que seleccionar as fotos que son de gatos, de entre un grupo delas nas que tamén hai fotos de cans. Esta semelha bóa, a ver que tal vai.
Sexta 23 de Marzo e nen rastro de spam. A capcha funciona que da gusto.