RadioChuza

December 27th, 2011

Roçando a fim de ano, a Associaçom tem um novo projeto em marcha: RadioChuza. Explicado por um dos promotores, Socram:

“Como saberedes, recentemente fechou o projecto de radio anfiteatrogz, radio que à que nossa página ligava desde a sua capa.
Diante da escassez de medios em galego algum usuario do Chuza! decidiu que talvez pagasse a pena tomar o relevo, e assim foi.. desde o dia 21 temos radiochuza emitindo desde o Chuza: http://radiochuza.playtheradio.com

Polo momento so esta a emitir música, mais umha radio da para fazer muitas mais cousas e é aqui onde se fai necessaria a participaçom da comunidade. De nos depende que a radio fique só num fio musical chuzeiro ou se convirta em algo mais, é por isso que criamos esta lista de correio radiochuza@googlegroups.com onde qualquer pessoa interessada em aportar algo à radio sera bem-vinda.. Há umha única restriçom, a mesma que no Chuza, que o contido seja em galego, em qualquer das suas variantes.

Assim que animadevos a participar…”

Só acrescentar que o projeto está aberto a todo o mundo, chuceiros e nom chuceiros, sócios e nom sócios.

FELIZ 2012!!

Assembleia Virtual e trocos na web

November 19th, 2011

Como fora anunciado na lista de socios, a asemblea presencial tivose que aprazar até nova data. Por ese motivo, celebraráse unha asemblea virtual os dias 26 e 27 que se fará na propia web.

Por outra banda, estaremos facendo probas e trocos na web durante esta semana, polo que vos pedimos pacencia. Daremos os detalles oportunos ao seu debido tempo.

Aprázase a Asemblea

November 11th, 2011

Debido ás dificultades para acudir dun número importante de socios, aprázase a Asemblea indefinidamente. Máis detalles na lista de socios.

I Asemblea Xeral Ordinaria / Assembleia Geral Ordinária

November 6th, 2011

O vindeiro sábado 12 de Novembro de 2011 celebraráse a asemblea. Para os que ainda non se enteraran, poden consultar os detalles a través da lista de socios ou do noso correo chuza.gl@gmail.com .

Avisados estades.

Karma, comentarios aniñados e máis

August 24th, 2011

Acabamos de activar todo un paquete de melloras na web. Imos tentar explicar algunhas, comezando polo karma.

Karma

O sistema base de cómputo de karma no Chuza está baseado, por suposto, no de menéame. Ese sistema leva evolucionando durante anos para adaptarse ás necesidades dunha comunidade dun tamaño bastante superior ao da nosa. Por ese motivo, foi necesario, e seguramente seguirá sendo, realizar diversas adaptacións de cara a mellorar o comportamento do sistema que envía as notícias á portada.

O cómputo do karma está afectado por varias cousas. Certos temas, como a degradación do karma no tempo e o famoso “control de mafias”, levan tempo desactivados. Mais ainda así, quedan outros comportamentos que seguen a fustrar aos usuarios.

Un deles é a penalización por noticia da mesma fonte. Aquí está unha simplificación

Para cada noticia na cola:

$hours = 8;
$min_pub_coef = 0.8;
$last_site_published = “…data da ultima noticia do sitio publicado nás últimas 8 horas…”;
if ($last_site_published > 0) {
$pub_coef = $min_pub_coef  + ( 1- $min_pub_coef) * (time() - $last_site_published)/(3600*$hours);
$karma_new *= $pub_coef;
}


fin do bucle

Que fai este anaco de código? Penaliza as noticias enviadas nas últimas 8 horas desde unha mesma fonte, tendo como máxima penalización o 20% do valor do karma ( o 0,8 do min_pub_coef) para as noticias enviadas inmediatamente despois da última publicada.

(08-2011)Como proba, o numero de horas pasará de 8 a 4 e o coeficiente mínimo de 0.8 a 0.9, de cara a penalizar en menor medida ese comportamento.

Metacategorías

Por outra banda, certas noticias estaban sendo penalizadas tamén por seren de metacategorías que teñen moitas máis noticias que o resto. O sistema por defecto fomenta que aparezan as notícias das diferentes metacategorías de xeito homoxéneo, de cara a favorecer a diversidade dos contidos.

(08-2011) Esa funcionalidade provoca un efecto indesexado en Chuza, facendo que se penalicen certas noticias e provocando a conseguinte perturbación. Polo tanto, probaremos a eliminala completamente.

Comentarios Aninhados

Outra das novidades na web é a dos “comentarios aniñados”. Inspirados nos do sítio Reddit.com, pretenden trocar a idea dos comentarios lineais que había até agora, por un sistema no que se responda e se “premie” aos comentarios que máis gosten á comunidade. Premendo o botón de réplica pódense contestar a comentarios xa emitidos. Ademáis, os comentarios ordenaranse polo karma dos votos que teñan. O sistema é totalmente diferente do actual, mais esperamos que a mudanza sexa para mellorar.

Tamén se inclúe na actualización unha nova imaxe proporcionada por Luís Magarinhos, que axuda a consolidar o aspecto gráfico da web. Con todo isto e algúns aspectos menores, esperamos axudar a que se mellore a experiencia dos usuarios da web. Lembrámos-vos que todo o relativo á web pódese debater e votar nas Asembleas, e celebrara-se unha ordinaria antes de que acabe o ano.

Enjoy!

Nova configuraçom nas categorias

June 12th, 2011

Chuza vem de realizar umha ediçom nas categorias das novas. Além de serem engadidas algumhas que foram reclamadas por diversos membros da comunidade, a nova classificaçom permite umha maior personalizaçom da web. Assim, se alguém quiser ver só umha parte das novas disponíveis da web, tem a possibilidade de selecionar só as categorias que deseje ler.

Por exemplo se um usuário só está interessado nos desportos avonda com que selecione todas as categorias relativas ao desporto (e desselecione as demais) na sua configuraçom persoal. Para aceder às ‘categorias personalizadas’ há que clicar no botom de mesmo nome que há no perfil persoal de cada usuário.

Aguardamos que gostem da nova classificaçom e que participem ativamente na web.

Atentamente: A Equipa Diretiva.

A nosa nova política / Notre nouvelle politique

March 31st, 2011
Como xa sabedes chuza sempre foi unha web que se caracterizou pola sua tolerancia co reintegracionismo. Tolerancia e, por que non dicilo, proselitismo de todas as súas vías. Por ese motivo, a equipa técnica, co visto bo da directiva, decidiu dar un paso máis no seu camiño hacia unha reintegración plena.
Fartos do pouco caso que nos fan os lusófonos (e as lusófonas ainda menos), decidimos aproximarnos a unha lingua coa que tamén queremos estreitar lazos, e se cadra ata intercambiar fluidos: o francés! E para fomentar ese contacto, e aproximar aos chuceiros ao que entendemos é o futuro real do galego, decidimos empezar empregando unha traducción automática (fornecida xentilmente pola Consellaria de Cultura) dos contidos á língua de Louis de Funes, quen, como todo chuzeiro coñece, era de Ortigueira.

http://fotos.sapo.pt/EbazBI7KbG4p12IbKv0O/

I Asemblea Xeral Extraordinaria

March 12th, 2011

A Asemblea Xeral Extraordinaria está tendo lugar agora na lista de correo: http://groups.google.com/group/i-asemblea-xeral-extraordinaria-chuza . O cónclave terá lugar entre o sábado 12 e o domingo 13 de Marzo, admitíndose novas membresías durante a asemblea mesma.

Se por algún motivo non estás entre os invitados, envia un correo a chuza.gl@gmail.com .

I Asemblea Xeral Extraordinaria - Comunicado á comunidade

February 24th, 2011

Actualización (08/03/11):

Ante as obxeccións presentadas por algúns usuarios sobre o tema do pago por PayPal, tomouse a decisión de admitir na asemblea a todos aqueles que deran os seus dados bancarios empregando o formulario da web. Desde a diretiva, agradecemos a todos os que abonaron as cuotas via PayPal, que nos facilitan a xestion da asociación neste momento. Toda a directiva abonou as cuotas dese xeito.

Para evitar confusións e duplicidades no tema do pago das cuotas, empregamos como distintivo de socio o correo electrónico. Deste xeito, tentaremos evitar duplicidades. Se por algun motivo non coincidiran o correo co correo da conta de chuza ou co correo da conta PayPal, por favor indicádenolo no noso enderezo chuza.gl@gmail.com ou nun comentario do blog.

Todos os socios recibirán un correo antes do sábado con instruccións para a asemblea. A orde do día pódese consultar em http://chuza.gl/wiki/index.php/I_Asemblea_Xeral_Extraordinaria, que pode ser editada e mellorada por calquera interesado (con fins constructivos… ).

O formulario de afiliación está en http://chuza.gl/equipa/index.php?page=afiliate .

Comunicado orixinal:

A directiva da Asociación Cultural Chuza informa que os vindeiros sábado 12 e domingo 13 de Marzo celebrarase a primeira Asemblea Xeral Extraordinaria. Esta asemblea celebrarase por medio dunha lista de correo debido á distancia xeográfica que separa a boa parte da comunidade. A hora de comezo será as 12 do mediodia e ata que o decidam os asemblearios, tendo como límite as 23:59 do domingo.

Debido a complicacións surxidas no seo na Asociación, concretouse que todos os socios que queiran participar nesta asemblea deberán facer o pago da cuota deste ano íntegra vía PayPal. Máis adiante habilitaránse outros medios para o pago das cuotas. Todos os que realicen o pago recibirán un correio de invitación para participaren na asemblea. Á xente que xa se inscribira e dera o seu número de conta bancaria, non se lle cobrará a deste ano. Chegouse a esta solución por motivos de forza maior, polo que esperamos a vosa comprensión.

Grazas,

A diretiva en funcións

Chuza apoia a Greve Geral

January 26th, 2011

A equipa de Chuza! decidiu secundar a convocatória de Greve Geral. Por este motivo, Chuza! nom estará disponível entre as 0h as 14h (hora prevista para o fim das manifestações) do dia 27 de Janeiro.